LEXISLATIVO
Despois do proceso de consulta e debate que abriu a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no mes de xullo con motivo da elaboración da Nova Lei de Servizos Sociais de Galiza, xa está dispoñible o texto do borrador do anteproxecto da lei que iniciará o trámite lexislativo.
Durante o proceso de debate da lei, que estimulou e serviu de reflexión e consulta á sociedade galega, recolléronse as aportacións e recomendacións ao Documento de Bases, co obxectivo de enriquecer e reflexar as necesidades da sociedade na nova lei de servizos sociais.
Deste modo, unha vez recopiladas e analizadas todas as aportacións dos diferentes colectivos, asociacións e entidades, empresas, administracións e persoas físicas, aos que a Vicepresidencia agradece a súa participación, plasmáronse no presente texto do Anteproxecto da Lei de Servizos Sociais, tratando de asumir o maior número delas e buscando o consenso entre aquelas solucións diverxentes, co obxecto de conseguir una lei que configure un novo sistema galego de servizos sociais.
DESCARGAS DO BORRADOR E OUTRA DOCUMENTACIÓN DE APOIO
Texto do Anteproxecto da Lei de Servizos Sociais de Galiza. (Texto e audio)
(prema sobre as imaxes para elixir a descarga ou consulte a sección Documento de Bases)
mailto:info@benestargaliza.org
Secretaría Xeral do Benestar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela
* Consulta as distintas ordes dispoñibles recentemente:
Orde que regula as instalacións xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. (PDF: 93 Kb)
Orde que regula a oferta de prazas xuvenís do programa Campaña Verán-2008 e procede a súa convocatoria. (PDF: 183 Kb)
* Recoñecemento da situación de usuario/a do servizo galego de apoio á mobilidade.
A continuación poderá descargar a documentación informativa do Servizo de Apoio á Mobilidade así como a solicitude de recoñecemento de usuario/a do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade. Nestes intres atópase na 1ª fase (consultar os concellos onde se vai a implantar)Presentación informativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. (PDF: 1.18 Mb)
Anexo de solicitude ao Decreto de Apoio á Mobilidade Persoal. (PDF: 100 Kb)
Informe de recoñecemento da persoa usuaria do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. (DOC: 24 Kb)
Relación dos concellos onde se pon en funcionamento o Servizo Galego de Apoio a Mobilidade Persoal. 1ª FFuente: Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario